Tecnolog@ por un día!

Varios dos nosos alumnos de 3º e 4º de ESO xa solicitaron a súa praza para a actividade Tecnolog@ por un día.

 

Tecnólogo por un día é unha actividade na que os estudantes de 12-17 anos experimentarán en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas.
Os/as participantes compartirán unha xornada laboral participando nas distintas actividades que o profesional voluntario teña na axenda (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc.) axudándolles a coñecer as dinámicas deste tipo de profesións e resolver as súa dúbidas vocacionais.

Moita sorte!

https://amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia-segunda-edicion

Captura

Deja un comentario